Monday 29 de April de 2024

O Concello de Brión organiza un curso gratuíto de fotografía e vídeo dixital para crear lembranzas


O Concello de Brión convoca un curso gratuíto de fotografía e vídeo dixital para crear lembranzas, que terá lugar este venres 2 de decembro na aula CeMIT de Brión, en horario de 11:30 a 13:30 horas. Un curso no que o alumnado recibirá trucos e consellos para facer fotografías e vídeos con teléfonos intelixentes, coñecerá aplicacións gratuítas para facer composicións fotográficas e aprenderán a compartir as súas creacións en Redes Sociais.

O curso é totalmente gratuíto, se ben é preciso anotarse previamente na Aula CeMIT de Brión ou chamando ao 981 50 99 08. Este curso gratuíto está organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica, a Fundación Vodafone España, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.